Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2873

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (21/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que na demanda 21/2009 seguida neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Na Coruña o vinte e cinco de novembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo n.º 21/2009 seguidos por instancia de Elvio Castiñeira Moreira, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Electricidad Jacoba, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Elvio Castiñeira Moreira, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Electricidad Jacoba, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.332,17 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que carece de recurso en atención á súa contía (art. 189.1 LPL), polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Electricidad Jacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial