Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (695/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 30 de novembro de 2011, no proceso seguido por instancia de Jorge Manuel Nascimento de Castro, contra o ISM, a TXSS e Herdeiros de Manuel Bermúdez Cruz, en reclamación por cantidade, rexistrado co n.º 695/2010-F, acordouse notificar a herdeiros de Manuel Bermúdez Cruz a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución din o seguinte:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 581/2011.

Número autos: seguridade social 695/2010.

Na cidade da Coruña o 30 de novembro de 2011.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ter visto estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante Jorge Manuel Nascimiento de Castro, que comparece representado polo letrado Sr. Varela Míguez e doutra como demandado herdeiros de Manuel Bermúdez Cruz, que non comparecen pese a estar citados en forma, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, que comparecen representados pola letrada Sra. García Sánchez.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jorge Manuel Nascimento de Castro contra o ISM, a TXSS e herdeiros de Manuel Bermúdez Cruz, e absolvo os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a herdeiros de Manuel Bermúdez Cruz, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de decembro de 2011.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial