Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2865

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se acorda publicar a prórroga do orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio 2012.

De acordo co establecido na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e modificada pola Lei 4/2007, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, así como na normativa orzamentaria autonómica e estatal, a non aprobación do orzamento anual da universidade antes do día un de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior. Tendo en conta que a reitoría en funcións non tramitou o orzamento para o ano 2012, resolvo prorrogar o orzamento da Universidade da Coruña do exercicio 2011 ata a aprobación do orzamento para o ano 2012 e facelo público cunha contía inicial no estado de ingresos e gastos de 129.622.014,39 euros, segundo o detalle anexo.

A Coruña, 26 de decembro de 2011.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO Á RESOLUCIÓN DO 26 DE DECEMBRO DE 2011
1. Clasificación económica
Resumo por capítulos

Ingresos

2012

Capítulo III: Taxas, prezos públicos e outros ingresos

15.229.554,51

Capítulo IV: Transferencias correntes

84.957.781,60

Capítulo V: Ingresos patrimoniais

990.000,00

Capítulo VII: Transferencias de capital

16.966.275,17

Capítulo VIII: Activos financeiros

6.800.000,00

Capítulo IX: Pasivos financeiros

4.678.403,11

Total orzamento de ingresos 2012

129.622.014,39

Gastos

2012

Capítulo I: Gastos de persoal

88.608.538,83

Capítulo II: Gastos correntes en bens e servizos

17.905.694,07

Capítulo III: Gastos financeiros

32.500,00

Capítulo IV: Transferencias correntes

3.787.490,06

Capítulo V: Fondo de continxencia

250.000,00

Capítulo VI: Investimentos reais

18.396.500,22

Capítulo VII: Tranferencias de capital

1.270,00

Capítulo VIII: Activos financeiros

80.500,00

Capítulo IX: Pasivos financeiros

559.521,21

Total orzamento de gastos 2012

129.622.014,39