Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2924

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2011 pola que se acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de servizo para a elaboración do Plan Sectorial de Infraestruturas de Telecomunicacións xestionadas por Retegal, dentro do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Plan operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente CP-006-2011).

1. Adxudicataria: Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom, S.A.

2. Importe de adxudicación:

Importe neto: 237.288,14 euros. IVE (%): 18.

Importe total: 280.000,01 euros.

3. Data de adxudicación: 10.10.2011.

4. Data de formalización do contrato: 13.12.2011.

Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 137 e 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2011.

José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Retegal