Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2922

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2011 pola que se acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita (expediente CP-008-2011).

Subministración e instalación de módulos para equipamento IP/MPLS para a rede troncal e de acceso de Retegal (n.º de expediente: CP-008-2011).

1. Adxudicataria: Instrumentación y Componentes, S.A.

Tramitación: ordinaria.

2. Importe de adxudicación:

Importe neto: 535.736,00 euros. IVE (%): 18.

Importe total: 632.168,48 euros.

3. Data de adxudicación: 8.11.2011.

4. Data de formalización do contrato: 18.11.2011.

Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 137 e 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2011.

José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Retegal