Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2917

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio, da contratación da xestión do servizo público de atención educativa á primeira infancia da escola infantil de Betanzos, integrada na Rede de Escolas Infantís de Galicia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/002/12/XSP-CONC-EI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: xestión do servizo público de atención educativa á primeira infancia da escola infantil de Betanzos, integrada na Rede de Escolas Infantís de Galicia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: desde o 1 de marzo de 2012 ata o 31 de agosto de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total máximo: 910.782,53 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si. (5% do importe de adxudicación, excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/a contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2) Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o que a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal n.º 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o décimo quinto día natural seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado ou festivo, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informacións.

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre C se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2012.

P.D. (Do Comité directivo do 9.12.2008, DOG do 31 de decembro)
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar