Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de setembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o anteproxecto de modificación substancial da planta de coxeración de Bamipal, S.L., situada no polígono industrial de Bamio 71-Pedroso, concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), para a súa autorización administrativa (expediente IN407A 2011/258-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Bamipal, S.L.

Título: planta de coxeración.

Lugar e domicilio social: polígono industrial de Bamio 71-Pedroso, 36618.

Concello: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Orzamento das instalacións: 673.462,34 euros.

Réxime especial: RE-01-02.

Potencia eléctrica: 1.000 kWe.

Descrición das instalacións:

O obxecto do anteproxecto é a substitución do equipamento motor-xerador diésel da actual planta de coxeración con número de expediente IN407A 1996/394-4, por un novo equipamento motor-xerador alimentado por gas natural, e definir as características técnicas da planta de coxeración e se recoñeza a modificación como substancial, de acordo co establecido na Orde do 14 de decembro de 2009 e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, modificada polo Real decreto 1565/2010, do 10 de novembro. A instalación da planta de coxeración ten por obxecto aproveitar o calor dispoñible nos fumes de escape e na auga de refrixeración das camisas para os secadoiros de madeira da fábrica. A enerxía eléctrica xerada (menos a consumida polas instalacións auxiliares da planta) verterase na súa totalidade á rede eléctrica de distribución a través dun trafo de 1.250 kVA e con relación de transformación 400/15.000 V. Desta forma pasa a ser unha instalación de coxeración que utiliza como combustible gas natural, clasificada de acordo co Real decreto 661/2007, do 25 de maio, no subgrupo a.1.1.

A instalación da planta de coxeración está formada polos seguintes elementos:

– Un contedor de coxeración:

• Motor.

• Alternador.

• Sistema de potencia e control da instalación, sistema de recuperación e refrixeración do calor do motor.

• Instalacións auxiliares.

– Caldeira de recuperación de gases.

– Instalación de circuíto completo para a refrixeración de camisas e aproveitamento de auga. Entre os elementos máis importantes está un intercambiador de calor de placas para a refrixeración da auga de camisas e un aerorefrixerador.

– Sistema de control de potencia, protección e sincronismo á rede.

– Un centro de transformación de 1.250 kVA con relación de transformación 400 V/15 kV e instalación das celas de protección e demais equipamentos eléctricos de medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º andar, Pontevedra, no prazo de vinte días a partir da última publicación deste anuncio.

Pontevedra, 22 de setembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra