Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2636

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

24

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Gnoseoloxía da Arte

6

Obrigatorio

I. Arte e Saber

Recursos Cognitivos e Metodolóxicos

6

Obrigatorio

Tendencias e Modos de Produción Contemporánea

6

Obrigatorio

II. Sistemas Artísticos

Perspectivas Actuais

12

Obrigatorio

Laboratorio de Espazo

6

Optativo

III. Laboratorios de Creación

Laboratorio de Tempo

6

Optativo

Laboratorio de Número

6

Optativo

Laboratorio de Unicidade

6

Optativo

Proxecto Expositivo

3

Optativo

IV. Laboratorio Interdisciplinar de Creación

Taller de Artista Invitado

3

Optativo

Prácticas Externas

3

Optativo

Taller Tecnolóxico

3

Optativo

Liñas de Investigación

3

Optativo

V. Laboratorio Interdisciplinar de Investigación

Taller de Investigador Invitado

3

Optativo

Casos de Estudo

3

Optativo

Modelos e Disciplinas Auxiliares

3

Optativo

Traballo fin de máster 

6

Obrigatorio

VI. Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, o alumnado deberá superar 12 ECTS do módulo I, 18 ECTS do módulo II, 12 ECTS para elixir entre un total de 24 ECTS do módulo III,12 ECTS para escoller entre un total de 24 ECTS do conxunto de módulos IV e V, e 6 ECTS do módulo VI.