Javier González Fernández, en nome e representación de Teva Care Distribuciones, S.L.U., solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de venda por xunto de complementos alimenticios a base de plantas, nas Vendas, 14. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008 (DOG do 12 de xuño), polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles. Durante este tempo as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Esgos, 9 de xaneiro de 2012.
Mario Rodríguez González
Alcalde