Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a escavación arqueolóxica, consolidación e acondicionamento para a posta en valor do xacemento arqueolóxico da igrexa vella de Santa Comba de Louro, Valga, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.1.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 171, do 7 de setembro de 2011. Corrección de erros DOG número 187, do 29 de setembro de 2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos para a escavación arqueolóxica, consolidación e acondicionamento para a posta en valor do xacemento arqueolóxico da Igrexa Vella de Santa Comba de Louro, Valga (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.1.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 115.200,00 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 28 de decembro de 2011.

c) Contratista: Tomos Conservación Restauración, S.L.

d) Importe de adxudicación: 93.306,12 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

P.D. (Orde do 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo