Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia licitación, polo procedemento aberto e anticipado de gasto, para a contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol (AB-SER3-12-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Dirección de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

4) Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas); 881 54 27 70 (cuestións técnicas) e 981 33 40 16 (contacto co hospital para visita).

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-SER3-12-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Lugar de entrega:

1) Enderezo: léanse pregos. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos. Avenida Residencia, s/n.

2) Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

e) Prazo de execución: 96 meses computados unha vez transcorridos 30 días naturais desde a data da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 09.31.00.00-5, 09.12.30.00-7, 09.13.40.00-7, 34.91.30.00-0, 50.53.00.00-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Subhasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

4. Valor estimado do contrato: 16.000.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 16.000.000,00 euros. IVA (%): 18%. Importe total: 18.880.00,00 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional por importe de 200.000,00 euros.

Definitiva (%) 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata o día 5 de marzo de 2012.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares para esta licitación.

c) Lugar de presentación.

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (horario de funcionamento é das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres).

2) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admite.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobre B e sobre C en actos públicos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: ver no perfil do contratante da páxina www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 4 de xaneiro de 2012.

12. Outras informacións: poderanse obter os pregos desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos