Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2243

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012 pola que se adxudican as axudas da Orde do 16 de novembro de 2011 pola que se convocan as axudas correspondentes as prórrogas dos programas María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009), Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009), ao abeiro das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2011, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE).

A Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG do 22 de novembro) aproba as bases e convoca as axudas correspondentes ás prórrogas dos programas María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009), Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009), ao abeiro das accións de formación de investigadores do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica-Incite (2006-2010) para o ano 2011.

No punto 1 do anexo I da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que deberían cumprir os destinatarios das axudas correspondentes da prórroga do Programa María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009).

No punto 1 do anexo II da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que deberían cumprir os destinatarios das axudas correspondentes da prórroga do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008).

No punto 1 do anexo III da mencionada orde de convocatoria determinábanse os requisitos que deberían cumprir os destinatarios das axudas correspondentes da prórroga do Programa Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009).

A Comisión de Selección establecida no artigo 6 das bases xerais da dita Orde do 16 de novembro de 2011, na súa reunión do día 26 de decembro de 2011, tendo en conta os criterios de selección establecidos nas bases da convocatoria e os créditos dispoñibles, acordou:

1. Propor a concesión dunha prórroga de seis meses de duración das axudas correspondentes ao Programa María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009), anexo I da orde de convocatoria, aos 56 solicitantes que se relacionan no anexo I desta resolución.

2. Propor a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008), anexo II da orde de convocatoria, aos 20 solicitantes que se relacionan no anexo II desta resolución.

3. Propor a concesión dunha prórroga de dous anos de duración das axudas correspondentes ao Programa Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009), anexo III da orde de convocatoria, aos 28 solicitantes que se relacionan no anexo III desta resolución.

Na súa virtude, e atendendo á proposta da Comisión de Selección,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas correspondentes ás universidades que prorroguen os contratos dos 56 candidatos seleccionados do Programa María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009) que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. As 56 prórrogas María Barbeito concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e anos sucesivos, e de acordo coa seguinte distribución, considerando unha duración máxima para a prórroga de seis meses:

Aplicación orzamentaria

Univ.

N.º prazas

2011

2012

Total

09.02.561B.444.0

USC

34

 

330.106,00

330.106,00

09.02.561B.444.0

UDC

14

3.775,80

132.150,20

135.926,00

09.02.561B.444.0

UVI

8

 

77.672,00

77.672,00

Totais

56

3.775,80

539.928,20

543.704,00

Terceiro. Conceder as axudas correspondentes ás universidades que prorroguen os contratos dos 20 candidatos seleccionados do Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008) que se relacionan no anexo II desta resolución.

Cuarto. As 20 prórrogas Isidro Parga Pondal concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e anos sucesivos, e de acordo coa seguinte distribución, considerando unha duración máxima para a prórroga de dous anos:

Aplicación
orzamentaria

Univ.

N.º prazas

2011

2012

2013

2014

Total

09.02.561B.444.0

USC

10

2.850,00

313.500,00

342.000,00

25.650,00

681.150,00

09.02.561B.444.0

UDC

2

190,00

62.700,00

68.400,00

5.510,00

136.610,00

09.02.561B.444.0

UVI

8

1.520,00

250.800,00

273.600,00

21.280,00

545.680,00

Totais

20

4.560,00

627.000,00

684.000,00

52.440,00

1.363.440,00

Quinto. Conceder as axudas correspondentes ás universidades que prorroguen os contratos dos 28 candidatos seleccionados do Programa Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009) que se relacionan no anexo III desta resolución.

Sexto. As 28 prórrogas Isabel Barreto concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 e anos sucesivos, e de acordo coa seguinte distribución, considerando unha duración máxima para a prórroga de dous anos:

Aplicación
orzamentaria

Univ.

N.º prazas

2012

2013

2014

Total

09.02.561B.444.0

USC

15

399.712,50

436.050,00

36.337,50

872.100,00

09.02.561B.444.0

UDC

4

112.337,50

122.550,00

10.212,50

245.100,00

09.02.561B.444.0

UVI

9

206.387,50

225.150,00

18.762,50

450.300,00

Totais

28

718.437,50

783.750,00

65.312,50

1.567.500,00

Sétimo. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixe 3, tema prioritario 74, no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80%. Polo tanto, as universidades beneficiarias destas axudas e os/as solicitantes contratados/das deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) n.º 1081/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) n.º 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Oitavo. O pagamento das axudas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ás universidades realizarase da forma indicada no artigo 8 das bases xerais da orde de convocatoria para cada un dos programas de prórrogas.

Noveno. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na Orde de convocatoria do 16 de novembro de 2011 (DOG n.º 223, do 22 de novembro) suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Décimo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Programa María Barbeito (nova adxudicación do ano 2009)

USC

Expte.

Solicitante

2011/15

Atanes Juiz, Patricio

2011/29

Bermúdez Puente, Brais

2011/11

Böhem, Karola

2011/41

Casado Méndez, Rubén

2011/40

Casado Villanueva, María

2011/23

Cendán Teijeiro, Noelia

2011/12

Dios Noceda, María

2011/3

Fernández Ferreiro, Marcos

2011/17

Fernández Martínez, Carla

2011/55

Ferreiro Díaz, Lourdes

2011/1

Figueroa Sestelo, Rubén

2011/39

Flores Mallo, Manuel Fernando

2011/4

Franqueiro Casal, José Manuel

2011/37

Freire Rodríguez, Sonia

2011/53

Gallego Suárez, Eva Amanda Pilar

2011/46

García Ambruñeiras, Iván

2011/10

García Díaz, Adriana Marcela

2011/18

García Díaz, Olaia

2011/56

Gestal Souto, Lucía

2011/14

González Ferreiro, Eduardo Manuel

2011/7

González González, Borja Daniel

2011/48

González Núñez, Héctor

2011/22

Iglesias Obelleiro, Ángela

2011/19

Lago Rodríguez, Noelia

2011/16

López, Lucrezia

2011/6

López Rodríguez, Alfonso Antonio

2011/45

Meilán Jácome, Patricia

2011/49

Mirazo Balsa, Mónica

2011/9

Navarro Romero, Betsabé

2011/25

Nieto Lareo, Alejandro Manuel

2011/27

Pereira López, Marta

2011/26

Quintia Vidal, Pablo

2011/8

Rodríguez González, Martiño

2011/13

Vázquez González, Iban

UDC

Expte.

Solicitante

2011/31

Bello Viruega, Iria María

2011/38

Capuzzolo, Annamaría

2011/21

Carballeira Amarelo, Tania

2011/50

Diz Reboredo, Carlos

2011/43

Fernández Caggiano, Mariana

2011/20

Fernández Márquez, Diana

2011/32

Ferreiro García, Henrique

2011/44

Fraga Bugallo, Bruño

2011/51

Gil Pons, Eva María

2011/35

Juan Jorda, María José

2011/2

López López, Olalla

2011/47

Teijeiro Barjas, Carlos

2011/36

Torreiro Pazo, Paula

2011/54

Touriño Sánchez, Ana

Uvigo

Expte.

Solicitante

2011/33

Adalid Rodríguez, Montserrat

2011/52

Costas Ríos, Noemí

2011/5

De la Calle González, Inmaculada

2011/30

Fernández Fernández, María

2011/42

González Alfaya, Lucila

2011/34

Heine, Jürgen Andreas

2011/24

López Sandoval, Daffne Celeste

201128

Rojas Martín, Danny

ANEXO II
Programa Isidro Parga Pondal (nova adxudicación do ano 2008)

USC

Expte.

Solicitante

2011/9

Barral Martínez, Margarita

2011/2

Baselga Fraga, Andrés

2011/10

Carballa Arcos, Marta

2011/16

De Donato Rodríguez, Xabier

2011/1

Díaz Ramos, José Carlos

2011/17

Martínez Rodríguez, Javier

2011/8

Muñoz Guzón, Fernando María

2011/20

Muñoz Valentín, Eva María

2011/7

Sobarzo Sánchez, Marcelo

2011/4

Villar Cheda, Begoña

UDC

Expte.

Solicitante

2011/5

Folgeson, Noa

2011/3

Munteanu, Robert

Uvigo

Expte.

Solicitante

2011/15

Canchaya Sánchez, Alberto

2011/13

Capelo Martínez, José Luis

2011/11

González Barreiro, Carmen

2011/12

Lodeiro Espiño, Carlos

2011/6

Moldes Moreira, Diego

2011/14

Pérez Diz, Eduardo

2011/19

Pérez Lorenzo, Moisés

2011/18

Vaz Araújo, Belén

ANEXO III
Programa Isabel Barreto (nova adxudicación do ano 2009)

USC

Expte.

Solicitante

Tecnoloxía

Titulación

2011/9

Riguera Vega, Ricardo

Correa Chinea, Juan Francisco

Doutor

2011/1

Gómez Amoza, José Luis

Echezarreta López, Magdalena

Doutora

2011/12

Bermúdez de Castro, Alfredo

Eiroa Rosado, Elisa

Licenciada

2011/11

González García, Francisco

Fabeiro Buceta, Eva María

Licenciada

2011/2

Ares Mazas, María Elvira

Gago Guillán, Manuel

Licenciado

2011/3

García Quintela, Marco Virgilio

Güimil Fariña, Alejandro

Licenciado

2011/15

González García, Francisco

López Arceo, Mercedes

FP

2011/8

López Iglesias, Edelmiro

Lorenzana Fernández, Roberto

Doutor

2011/7

Álvarez López, Carlos José

Martínez Pérez, Enma María

Licenciada

2011/5

Varela Mallou, Jesús

Olivar Rodríguez, Carlos

FP

2011/14

Botana López, Luís Miguel

Otero Fuertes, María Paz

Licenciada

2011/10

Lois González, Rubén Camilo

Piñeiro Antelo, María Ángeles

Licenciada

2011/6

Guitián Rivera, Francisco

Rial Tubío, María del Carmen

Licenciada

2011/13

Rey Méndez, Manuel

Rodríguez Castro, Jorge

Licenciado

2011/21

Domínguez Puente, Fernando

Vázquez González, Purificación

FP

UDC

Expte.

Solicitante

Tecnoloxía

Titulación

2011/23

Rodríguez González, Jaime

Bruynseraede, Valerie

Licenciada

2011/16

Vilar Fernández, Juan Manuel

Parajó Negreira, Yolanda

Doutora

2011/24

Rodríguez González, Jaime

Roch Cardoso, Susana

Licenciada

2011/25

Rodríguez Brisaboa, Nieves

Rodríguez López, Eduardo

Licenciado

Uvigo

Expte.

Solicitante

Tecnoloxía

Titulación

2011/22

Míguez Tabarés, José Luis

Cacabelos Reyes, Antón

Licenciado

2011/4

Vilas Martín, Federico

Campos Magdaleno, Ramón David

FP

2011/27

Hervés Beloso, Carlos

Canedo García, Violeta

Diplomada

2011/19

Garza Gil, María Dolores

Comparada Pereira, Ana Belén

Diplomada

2011/20

Gago Rodríguez, Alberto

Ferreira Gómez, Lucía

Diplomada

2011/18

Longo González, María Asunción

Fírvida Plaza, Iria

Diplomada

2011/28

Martínez Sánchez, Joaquín

Martínez Sánchez, Joaquín

Licenciado

2011/26

Anido Rifón, Luís

Míguez Pérez, Rubén

Licenciado

2011/17

Longo González, María Asunción

Troncoso Pontes, Marcos

FP