Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización duns contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Presidencia da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposicións economicamente máis vantaxosas por obteren a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección das súas ofertas con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obras.

a) Descrición: rede de sumidoiros na parroquia de Santo André de Xeve, Pontevedra (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.966.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 155, do 12 de agosto de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 643.671,13 euros. Importe total: 759.531,93 euros.

Data de adxudicación: 13 de decembro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 562.565 euros. Importe total: 663.826,70 euros.

Data de formalización do contrato: 15 de decembro de 2011.

Contratista: CRC Obras y Servicios, S.L.

b) Descrición: nova captación e depósito na estación de tratamento de auga potable de Caldas de Reis, Caldas de Reis (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.1003.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8 e 45232153-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 155, do 12 de agosto de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 578.439,04 euros. Importe total: 682.558,07 euros.

Data de adxudicación: 13 de decembro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 508.050,85 euros. Importe total: 599.500 euros.

Data de formalización do contrato: 15 de decembro de 2011.

Contratista: S.A. de Obras y Servicios, Copasa.

c) Descrición: plan de saneamento rural. Segunda fase. Parroquia de San Mateo, Narón (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.988.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45232431-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG n.º 66, do 4 de abril de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.446.848,85 euros. Importe total: 1.707.281,64 euros.

Data de adxudicación: 29 de xullo de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 1.241.396,31 euros. Importe total: 1.464.847,65 euros.

Data de formalización do contrato: 12 de agosto de 2011.

Contratista: UTE-Aqualia Infraestructuras, S.A. & Ferorsa Proyectos y Obras, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 (ambiente, medio natural, recursos hídricos e prevención de riscos) «Unha maneira de facer Europa». En concreto, as obras indicadas coas letras a) e c) encádranse no tema prioritario 46 (Tratamento da auga, auga residual), e coa letra b) no tema prioritario 45 (Xestión e distribución da auga, auga potable).

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4 Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos