Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1978

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de xaneiro de 2012 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 27 de decembro de 2010 (DOG n.º 1, do 3 de xaneiro de 2011) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, dispón na base II.1.1.6 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o terceiro exercicio o día 22 de novembro de 2011, tendo en conta diversas cuestións relacionadas coa súa corrección, coa organización do cuarto exercicio e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador do proceso, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda