Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1889

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 251/2011, do 29 de decembro, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor Xosé Luis Armesto Barbeito.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, regula no seu artigo 20 a forma de elección do reitor e dispón que será nomeado polo órgano correspondente da comunidade autónoma.

Pola súa banda, os estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, dispoñen, no seu artigo 35, que o reitor será elixido pola comunidade universitaria e nomeado pola Xunta de Galicia.

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria certificación do secretario xeral da Universidade da Coruña en que consta que o día 13 de decembro de 2011 se realizou a segunda volta das eleccións a reitor e Xosé Luis Armesto Barbeito acadou o apoio proporcional de máis da metade dos votos validamente emitidos, unha vez feitas e aplicadas as ponderacións correspondentes, e realizada a súa proclamación definitiva como reitor electo o 22 de decembro de 2011.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por instancia da Universidade da Coruña, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil once,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear reitor magnífico da Universidade da Coruña o profesor doutor Xosé Luis Armesto Barbeito.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria