Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-310/11 e PO-311/11 ME.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, as que non se lle puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias desta xefatura territorial, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 19 de decembro de 2011.

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Barvip Vigo, S.L.

B-27743327

PO-310/11

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Avda. Florida, 25-7.º B, 36210 Vigo

Multa de 300,51 €

Barvip Vigo, S.L.

B-27743327

PO-311/11ME

Artigo 26.d) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

Avda. Florida, 25-7.º B, 36210 Vigo

Multa de 90 €