Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos número OU-E-221/11 e OU-E-222/11.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega, os acordos de iniciación recaídos nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.º d) da LOSC e a disposición transitoria 1.ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, n.º 79-2.º, de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 29 de decembro de 2011.

Luís Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-221/11.

CIF: B-32329054.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, n.º 25, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Q + DA, rúa Curros Enríquez, n.º 25, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-222/11.

CIF: B-32329054.

Denunciada: Bercel Xinzo, S.L.

Enderezo: rúa Curros Enríquez, n.º 25, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Q + DA, rúa Curros Enríquez, n.º 25, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.