Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1775

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se publica o tipo de xuro para as operacións acollidas ao programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Mediante Resolución do 22 de marzo de 2001 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aprobou o programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG n.º 63, do 30 de marzo).

Na cláusula 1.6 do dito programa establécese que o tipo de xuro de referencia se determinará anualmente segundo a media do euribor a un ano rexistrado nos meses de setembro, outubro e novembro do exercicio anterior e que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de cada ano, debendo ser publicado no Diario Oficial de Galicia.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do euribor, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. A partir do 1 de xaneiro de 2012, o tipo de xuro de referencia dos préstamos ao abeiro do programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) publicado mediante a Resolución do 22 de marzo de 2011(DOG n.º 63, do 30 de marzo) será de 2,073 puntos porcentuais.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica