Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de convocatoria dunha praza vacante de funcionario de carreira incluída na oferta de emprego público do ano 1999.

Por Resolución do concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación, do 19 de decembro de 2011, aprobáronse as bases e a convocatoria reguladoras do proceso de selección de funcionario de carreira para unha praza vacante de coordinador/a de actividades culturais e educativas da oferta de emprego público de 1999, as bases íntegras e convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña n.º 245, do 27 de decembro de 2011.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios correspondentes ás convocatorias anteriores publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Cambre, 30 de decembro de 2011.

Felipe Andreu Barallobre
Concelleiro delegado de Réxime Interior, Patrimonio e Contratación