Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2011/187).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Porto Brea (Queixas-Cerceda).

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada (L.M.T.S.) a 20 kV, cunha lonxitude de 15 m, en condutor R.H.Z.1.-20L-12/20 kV, 3×(1×95 mm² A1), con orixe no paso aéreo-soterrado para realizar no apoio existente (coordenadas UTM X: 541.511 Y: 4.776.429) de tipo HV-13/1.000 da L.M.T. a depuradora de augas (expte.: 51.975) e final na cela de liña do C.T. Porto Brea proxectado (coordenadas UTM X: 541.510, Y: 4.776.428).

Centro de transformación (C.T.) prefabricado Porto Brea, de potencia 250 kVA, con relación de transformación 20/0,4-230 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña