Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos para a vixilancia e a seguridade nos centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade nos centros dependentes da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo na Coruña.

c) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses, con posibilidade dunha prórroga polo mesmo período do tempo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 718.655,80 €.

IVE (18%): 129.358,04 €.

Importe total: 848.013,84 €, IVE incluído.

Anualidades: 2012: 424.006,92 € c/IVE

2013: 424.006,92 € c/IVE.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación da Secretaría Xeral Técnica.

b) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17090

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación requirida: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 12.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo