Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións sancionadoras incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (expediente SANC/MG/15/11 e outro máis).

Esta dirección xeral ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións ditadas por delegación, (Orde do 9 de xullo de 2009, DOG núm. 138, do 16 de xullo), ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «Resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para ser notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar os interesados, deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico Administrativa, da Dirección Xeral de Infraestructuras, no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da xefatura territorial da provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento, que a dita resolución sancionadora esgota a vía administrativa, e que se poderá interpoñer ben recurso de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ou ben directamente recurso contencioso – administrativo perante o xulgado do contencioso- administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou o de Santiago de Compostela.

Os prazos de interposición de cadanseu recurso será, respectivamente, dun mes e dous meses computados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de ser o caso.

A sanción imposta deberá facerse efectiva mediante ingreso en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001 ou Caixanova, recadación Xunta, BBVA Transacción 1551 NIF S1511001H, Banesto, modelo XTAX; e de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora xeral de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/MG/15/11. Ref. bis: 15/11.

Denunciada/o: Publiarousa, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ López Ballesteros, 7-6.º B, Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: instalar módulos de publicidade.

Data, estrada, p.k.: 26.11.2010; PO-551; p.k. 29+310.

Resolución: caducidade e nova incoación.

Expediente: SANC/MG/32/11. Ref. bis: 125/11.

Denunciada/o: José González Ulloa.

Último enderezo coñecido: Doutor Cadaval, 33-1.º D, Vigo.

Feito denunciado: cerramento en dominio público.

Data, estrada, p.k.: 16.3.2011; AG-57; p.k. 7+960.

Resolución: sancionadora.