Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de licitación de contrato de subministración dun módulo arquitectónico.

O Concello das Pontes de García Rodríguez vai contratar por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación a subministración dun módulo arquitectónico configurable para a prestación de servizos a discapacitados.

Prezo do contrato: o prezo do contrato é de 169.999,70 € (139.399,75 € + 30.599,95 € de IVE).

Prazo de execución: o contrato terá un prazo de execución máximo de cinco (5) meses a partir da formalización do contrato.

Presentación de ofertas: o prazo será de 15 días naturais seguintes contados desde o día da publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Documentación: os pregos están dispoñibles no perfil de contratante do Concello no enderezo www.aspontes.com.

As Pontes de García Rodríguez, 30 de decembro de 2011.

Valentín González Formoso
Alcalde