Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación da notificación dun expediente de sanción por infraccións na orde social.

Notifícaselle, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, á cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de sanción por infraccións na orde social (materia laboral). O seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida cítanse a continuación:

Empresa: Estructuras e Obras de Formigón, S.L.

Domicilio: rúa Hortas 20, 27002 Lugo.

NIF: B-27315332.

N.º de expediente: 28/2011.

Contía: 2.046 euros.

Disposición infrinxida: artigo 4.2.b) da Lei 32/2006; artigo 3.1 do Real decreto 1109/2007.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, polo conduto desta xefatura territorial, ante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírteselle que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta a través de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, clave 390055, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á execución pola vía de contrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Lugo, 5 de decembro de 2011.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo