Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención número 11150001/2005 e 11320095/2005 (Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano relativa aos expedientes de subvención núm. 11150001/2005 e 11320095/2005 (Orde do 13 de maio de 2005 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2005 as axudas para o fomento da forestación de terras agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Montes (Subdirección Xeral de Recursos Forestais), situada en San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

Este anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento das primas de mantemento dos anos 2008, 2009 e 2010 relativa ao expediente de subvención núm. 11150001/2005.

Interesada: M.ª Ángeles Campos Alborés.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Paseo de Ronda 28, 2.º B esq., 15011 A Coruña.

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2007 relativa ao expediente de subvención núm. 11320095/2005.

Interesada: Edelmira Domínguez González.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: avda. de Celanova 50, 2.º H, 32890 Barbadás (Ourense).