Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 13 de decembro de 2011.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expt.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Proposta de sanción

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 209/11

26.e) LO 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

300 €

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 266/11

26.e) LO 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

300 €

Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera)

B-27288364

LU-E 268/11

26.e) LO 1/1992

R/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro

300 €

Ledo Pombo, S.L.

B-27408111

LU-E 269/11

26.e) LO 1/1992

R/ Xoán XXIII n.º 53, 2.º B, Chantada

90 €

Omar Cruz Espinosa (Cafetería La Habana)

X-2401713-F

LU-E 278/11

26.e) LO 1/1992

Rolda das Fontiñas n.º 308, Lugo

90 €