Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1042

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011 pola que se nomea profesor titular de universidad da área de coñecemento de Matemática Aplicada, a José Paris López.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 5 de outubro de 2011 (BOE do 20 de outubro), para a provisión da praza número 11/019 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Matemática Aplicada, departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de José Paris López, con DNI núm. 53300124-Q, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Paris López profesor titular de universidade da área de coñecemento de Matemática Aplicada, departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 23 de decembro de 2011.

José M.ª Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña