Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 753

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 24/2012, do 4 de xaneiro, polo que se dispón que cese Pablo Ramón Fernández Asensio como director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Pablo Ramón Fernández Asensio como director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar