Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 748

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

DECRETO 19/2012, do 4 de xaneiro, polo que se dispón que cese Jorge Atán Castro como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta da conselleira do Medio Rural e do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese Jorge Atán Castro como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, catro de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira del Medio Rural y del Mar