Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 745

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 16/2012, do 4 de xaneiro, polo que se dispón que cese Anxo Manuel Lorenzo Suárez como secretario xeral de Política Lingüística.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, como secretario xeral de Política Lingüística.

Santiago de Compostela, catro de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria