Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1025

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefe/a do Servizo de Comunicación.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG núm. 119, do 19 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde modificada por Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro),

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefe/a do Servizo de Comunicación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, sito no edificio administrativo, primeira planta, dirixidas á xerenta de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Ourense, 1 de decembro de 2011.

Eloína Núñez Masid
Xerenta de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras