Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1017

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 20 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, anunciada por Orde desta consellería do 20 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 217, do 14 de novembro).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 20 de outubro de 2011 (DOG núm. 217, do 14 de novembro), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 20 de outubro de 2011.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino os funcionarios están desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de se tratar da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de se tratar de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Sampedro Grande, Jorge Rubén.

NRP: 4446062235 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Dependencia.

Código: TR.C08.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral de Política Social.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Rouco Vilar, Modesto José.

NRP: 3606592946 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: subdirector/a xeral Promoción da Autonomía Persoal.

Código: TR.C08.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Secretaría Xeral de Política Social.

Localidade: Santiago de Compostela.