Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2009/0350.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado, co último domicilio coñecido na praza do Concello, P4-B, entresollado, 15960 Ribeira (A Coruña), a resolución que desestima o recurso de alzada número V-2009/0350, formulado contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo na Coruña, do 3.9.2008, pola que se outorgou a cualificación definitiva de rehabilitación illada do Edificio Areal 2, sito na rúa do Mendiño, n.º 3, Ribeira, da cal a súa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada n.º V-2009/0350, interposto por M.ª Mercedes Argibay Pérez, actuando en nome e representación da comunidade de propietarios do Edificio Areal 2, sito na rúa do Mendiño n.º 3, no concello de Ribeira, fronte á Resolución do 3 de setembro do 2008, do delegado provincial da consellería de Vivenda e Solo na Coruña, pola que se outorgou a cualificación definitiva de rehabilitación illada do referido edificio, confirmando en todos os seus termos a resolución impugnada.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso administrativo perante os xulgados do contencioso administrativo da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas