Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2011, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona reintegro de pagamentos indebidos pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Mariño Mariño, Rosa).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase reintegro de pagamentos indebidos pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8 4.º-15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2011.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Mariño Mariño, Rosa

33285222J

Avda. Quiroga Palacios, 13 4 drta.

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

500110015976

215,68 €