Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2011, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia (Vilariño Barreira, Emilio e Fernandes de Acevedo, Agostinho de Jesús).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2011.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencia/liquidación

Vilariño Barreira, Emilio

53160060E

Rolda de Outeiro, 219, 8 E

15008 A Coruña

11790187310

Fernandes de Acevedo, Agostinho de Jesús

X00337123N

Rúa Poeta Añón, 2

36208 Bouzas, Pontevedra

500110018447

(N. expte. 33/11 RES)