Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 804

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2012.

A detección das enfermidades animais incluídas nos programas oficiais de loita, control e erradicación pode derivar no sacrificio obrigatorio e destrución dos animais, seguido dunha hixienización das instalacións da explotación, de acordo coa normativa en vigor.

O Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais (BOE n.º 307, do 21 de decembro), establece no seu artigo 2 as enfermidades que estarán sometidas a control oficial en programas nacionais de erradicación, no seu artigo 15 indícase que todos os animais que resulten positivos ás enfermidades en cuestión deberán ser sacrificados e no artigo 17 sinálase que os gandeiros que como resultado das actuacións levadas a cabo tivesen que sacrificar os seus animais, terán dereito a percibir unha indemnización de acordo co baremo establecido para o efecto que se encontre en vigor no momento do sacrificio.

O Real decreto 1228/2001, do 8 de novembro, polo que se establecen medidas específicas de loita e erradicación da febre catarral ovina ou lingua azul sinala que cando se confirme oficialmente a presenza desta enfermidade ordenarase o sacrificio inmediato dos animais que se considere necesario para evitar a extensión da epidemia.

O Real decreto 3454/2000, do 22 de decembro, polo que se establece e regula o Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais, sinala os animais que deben ser sacrificados nos casos de sospeita ou confirmación destas enfermidades, e no seu artigo 9 establece que o dito sacrificio dará dereito a unha indemnización de acordo cos baremos oficialmente establecidos.

O Real decreto 650/1994, do 15 de abril, polo que se establecen medidas xerais de loita contra determinadas enfermidades dos animais e medidas específicas contra a enfermidade vesicular porcina, sinala as medidas que se tomarán ante a aparición de varias enfermidades de declaración obrigatoria que afectan diversas especies, nas cales se prevé, no caso de confirmarse a enfermidade, o sacrificio obrigatorio da totalidade dos animais sensibles das explotacións afectadas.

O Real decreto 1071/2002, do 18 de outubro, polo que se establecen as medidas mínimas de loita contra a peste porcina clásica, e o Real decreto 546/2003, do 9 de maio, polo que se establecen disposicións específicas de loita fronte a peste porcina africana, indican as medidas que se tomarán ante a aparición destas enfermidades porcinas. No caso de confirmación da enfermidade, estas normativas establecen o sacrificio obrigatorio dos animais das explotacións afectadas, e sinálase expresamente nos dous casos que este sacrificio dará lugar á correspondente indemnización, de acordo cos baremos previstos na normativa vixente.

A Unión Europea elaborou unha normativa específica en materia de control de salmonela, constituída polo Regulamento (CE) n.º 2160/2003, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de novembro, sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos. O artigo 5 do dito regulamento dispón que os Estados membros establecerán programas nacionais de control para cada unha das zoonoses e dos axentes zoonósicos enumerados no anexo I para alcanzar os obxectivos comunitarios de redución da prevalencia das zoonoses e dos axentes zoonósicos indicados no seu artigo 4. Dentro deste marco, o Estado español elabora anualmente o Programa nacional para o control de salmonela en mandas de aves reprodutoras da especie Gallus gallus, o Programa nacional para o control de salmonela en mandas de galiñas poñedoras da especie Gallus gallus, e o Programa nacional para o control de salmonela en pavos, que son aprobados mediante decisións comunitarias. Entre as medidas previstas nestes programas figura o sacrificio obrigatorio das aves das mandas consideradas infectadas.

O Real decreto 445/2007, do 3 de abril, polo que se establecen as medidas de loita contra a influenza aviaria, incorpora ao dereito español a Directiva 2005/94/CE do Consello, relativa a medidas comunitarias de loita contra a influenza aviaria; este real decreto establece que o sacrificio obrigatorio das aves dará dereito ao seu titular á correspondente indemnización.

O Real decreto 1988/1993, do 12 de novembro, polo que se establecen medidas para a loita contra a enfermidade de Newcastle, establece que cando se confirme oficialmente a enfermidade nas aves de curral, a autoridade competente ordenará o seu sacrificio in situ e a súa destrución.

O artigo 21 da Lei 8/2003, de sanidade animal, no que se refire á loita, control e erradicación das enfermidades dos animais, establece que o sacrificio obrigatorio destes, ou no seu caso a destrución dos medios de produción que se consideren contaminados, dará lugar á correspondente indemnización, en función dos baremos aprobados oficialmente. Igualmente, establece que serán indemnizables os animais que morran por causa directa tras ser sometidos a tratamentos ou manipulacións preventivos ou con fins de diagnóstico ou, en xeral, os que morresen no contexto das medidas de prevención ou loita contra unha enfermidade como consecuencia da execución de actuacións impostas pola autoridade competente.

Os baremos oficiais de indemnizacións que deben ser aplicados son os que están vixentes e publicados no Boletín Oficial del Estado mediante ordes do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, ou ben mediante real decreto. Así, o Real decreto 389/2011, do 18 de marzo, polo que se establecen os baremos de indemnización de animais no marco dos programas nacionais de loita, control ou erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina, brucelose ovina e cabrúa, lingua azul e encefalopatías esponxiformes transmisibles; o Real decreto 823/2010, do 25 de xuño, polo que se establecen os baremos de indemnización polo sacrificio obrigatorio dos animais obxecto dos programas nacionais de control de salmonela en mandas de aves reprodutoras e poñedoras do xénero Gallus gallus, e de mandas de pavos reprodutores; o Real decreto 1071/2002, do 18 de outubro, polo que se establecen as medidas mínimas de loita contra a peste porcina clásica, a Orde do 30 de decembro de 1987, pola que se actualizan os baremos de indemnización por sacrificio de animais afectados de peste porcina africana e peste porcina clásica, pertencentes a razas precoces e os seus cruzamentos, para animais destas razas, a Orde do 30 de decembro de 1987, pola que se actualizan os baremos de indemnización por sacrificio de animais afectados de peste porcina africana e peste porcina clásica, correspondentes a animais pertencentes ao tronco ibérico e os seus cruzamentos, e a Orde do 12 de maio de 1994, pola que se actualizan os baremos de indemnización de sacrificio de animais afectados de peste porcina africana e peste porcina clásica correspondentes aos porcinos pertencentes ao tronco ibérico e os seus cruzamentos, neste outro tipo de razas.

Para os casos en que, por cuestións sanitarias, se considere imprescindible decretar o sacrificio obrigatorio de animais afectados por enfermidades sometidas a programas nacionais de vixilancia, control ou erradicación, para as cales non exista baremo, ou por enfermidades non sometidas a programas nacionais de erradicación, procede fixar a contía dos baremos de indemnización.

Con todo, nas explotacións de gando bovino e ovino e cabrún, dada a súa estrutura produtiva en Galicia, as indemnizacións establecidas non cobren suficientemente as importantes perdas económicas dos produtores naquelas explotacións en que se fai un baleiro sanitario por sacrificio preventivo e destrución de todos os seus animais, que se ven obrigadas ademais, a asumir un período de inactividade produtiva ata que os servizos veterinarios oficiais autorizan a reintrodución de animais na explotación. Consecuentemente, resulta pertinente establecer mecanismos de compensación complementaria.

Por outra parte, cómpre ter en conta a dificultade con que se atopan os responsables das explotacións de gando bovino, ovino e cabrún para poder repoñer os animais de similares características aos que foron obrigados a sacrificar, e que, na maior parte dos casos, non hai posibilidade de acadar a reposición total ao mesmo tempo.

Polo tanto, para aqueles casos de explotacións destas especies en que coas indemnizacións por sacrificio obrigatorio non se acada o valor de adquisición de novos animais similares aos sacrificados e, consecuentemente, non resultaría factible repoñer eses animais, considérase necesario establecer axudas para favorecer a reposición do gando sacrificado obrigatoriamente.

Ademais, o Real decreto 864/2010, do 2 de xullo, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para a repoboación da explotación no caso de baleiro sanitario, no marco dos programas nacionais de loita, control ou erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina, brucelose ovina e cabrúa, lingua azul e encefalopatías esponxiformes transmisibles, establece axudas cofinanciadas polo Estado para a repoboación das explotacións nos casos sinalados.

O artigo 10 do Regulamento (CE) n.º 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006 (DO L 358 do 16 de decembro), sobre aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas estatais para pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos agrícolas, e polo que se modifica o Regulamento (CE) n.º 70/2001, establece que estas axudas destinadas a compensar os agricultores polas perdas por enfermidades dos animais serán compatibles co mercado común e quedarán exentas da obriga de notificación (conforme o número 3 dos artigos 87 e 88).

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Condicións xerais

Artigo 1. Obxecto.

O obxecto desta orde é o establecemento das bases reguladoras e convocar para o ano 2012:

– As indemnizacións a que teñen dereito os titulares, rexistrados en Galicia, de animais e/ou produtos sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivo da loita, control e erradicación de enfermidades animais, ou como consecuencia de actuacións, tratamentos ou manipulacións preventivas ou con fins de diagnóstico realizadas no marco dos correspondentes programas oficiais.

– As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación de gando bovino, ovino e cabrún, rexistrada en Galicia, por motivos dunha enfermidade sometida a un programa de loita, control e erradicación.

– As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación. Tamén se incluirán os casos de morte dos animais das citadas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa oficial de loita, control ou erradicación, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Artigo 2. Beneficiarios.

2.1. Poderán ser beneficiarios das indemnizacións os seguintes titulares con explotacións rexistradas en Galicia:

1. Os titulares dos animais que se sacrifiquen ou morran por resultar reaccionantes ás probas diagnósticas de tuberculose, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún, ou por ter convivido con animais enfermos e que sexan considerados sospeitosos polos veterinarios actuantes.

2. Os titulares dos animais e os seus produtos de calquera especie sacrificados/mortos e/ou destruídos por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

3. Os titulares das aves reprodutoras ou poñedoras da especie Gallus gallus e reprodutoras da especie Meleagris gallopavo sacrificadas por orde da autoridade competente dentro dos programas nacionais de control de salmonela.

4. Os titulares das aves sacrificadas pola aparición dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle.

5. Os titulares dos animais que se sacrifiquen por resolución da autoridade competente en materia de sanidade animal, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas nacionais de erradicación.

6. Os demais supostos recollidos na Lei de sanidade animal e na normativa estatal básica de desenvolvemento dos programas sanitarios de control e/ou erradicación de cada enfermidade, e en concreto os titulares de explotacións en que morran animais sendo a causa directa as actuacións, tratamentos e manipulacións dos animais realizadas no marco dos programas oficiais.

2.2. Poderán ser beneficiarios das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante os titulares das explotacións bovinas, ovinas e cabrúas rexistradas en Galicia en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa oficial de erradicación.

2.3. Poderán ser beneficiarios das axudas para a compra de animais os titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas rexistradas en Galicia en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación; así como os titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa oficial de control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Artigo 3. Requisitos.

3.1. Para poderen ter dereito ás indemnizacións/axudas reguladas nesta orde é imprescindible que os beneficiarios e as súas explotacións gandeiras cumpran de forma estricta a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación, rexistro e benestar animal, programas nacionais de control e erradicación de enfermidades animais, e vixilancia epidemiolóxica das encefalopatías esponxiformes transmisibles.

3.2. Para as axudas de compra de animais bovinos, ovinos e cabrúns destinados á reposición, a autoridade competente comprobará ademais os seguintes requisitos:

a) En todos os casos, ter sacrificado obrigatoriamente aqueles animais de especies susceptibles de padecer a enfermidade e que foron diagnosticados positivos ou sospeitosos.

b) Ter efectuado previamente a reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.

c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

d) Requisitos dos animais adquiridos:

1. Os animais da especie bovina obxecto da axuda procederán de explotacións con cualificación sanitaria T3 e B4 e libres de encefalopatías esponxiformes transmisibles, e os das especies ovina e cabrúa de explotacións con cualificación sanitaria M4 e tamén libres de EET.

2. Unicamente será subvencionable a reposición efectuada con animais correctamente identificados e rexistrados, e para manter na explotación un nivel de produción similar ao existente con anterioridade ao sacrificio.

Artigo 4. Financiamento.

4.1. En relación co establecido no artigo 1:

a) As indemnizacións, as axudas complementarias por lucro cesante e as axudas para a compra de animais destinados a reposición establecidas nesta orde, e

b) As indemnizacións correspondentes aos animais sacrificados/mortos e os produtos destruídos, as axudas complementarias por lucro cesante e as axudas para a compra de animais destinados a reposición, que non puideron ser tidas en conta durante o ano 2011,

aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012:

– 13.02.713E.770.0 destínase inicialmente un importe de 400.000 euros.

– 13.02.713E.771.0 destínase inicialmente un importe de 400.000 euros.

4.2. Os importes citados poderán ser incrementados dentro dos límites orzamentarios, conforme o previsto no artigo 31.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4.3. A concesión das axudas estará condicionada á aprobación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, de acordo co artigo 5 da Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001.

4.4. As axudas complementarias para a compra de gando para a reposición nos casos de baleiro sanitario do capítulo II-sección 4.ª, cofinanciaranse con fondos do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño ata o 50 por cento. Dos 400.000 euros da aplicación orzamentaria 13.02.713E.771.0, 50.000 euros quedan reservados ao pagamento en concorrencia competitiva das axudas complementarias para a reposición da sección 4.ª desta orde.

Artigo 5. Resolución e notificación.

5.1. Nas indemnizacións, unha vez comprobados os requisitos exixidos polas delegacións territoriais da Xunta de Galicia e pola Dirección Xeral de Produción Agropecuaria:

1. Emitirase resolución do conselleiro do Medio Rural de aprobación ou denegación da indemnización, na cal se especificarán os recursos que proceden. Contra esta resolución poderá interpoñerse:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo os artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se é expresa, e de acordo co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

2. A resolución notificarase na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que transcorridos tres meses desde a presentación do xustificante do sacrificio ou destrución dos animais ou produtos afectados, non se rexistrase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a indemnización. Transcorrido o dito prazo, o interesado disporá de tres meses contados a partir do día seguinte a que se entenda desestimada a indemnización, para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural.

3. Así mesmo, a tramitación da indemnización leva implícita a autorización para o tratamento dos datos, para os efectos do disposto en referencia ao Rexistro Público de Subvencións, no artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5.2. Axudas de compensacións complementarias e axudas á reposición de animais:

1. Os servizos provinciais de gandaría remitiranlle á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria os seus informes para proposta de resolución sobre as solicitudes presentadas. A tramitación das axudas correspóndelle ao director xeral de Produción Agropecuaria, que elevará as correspondentes propostas de resolución ao conselleiro do Medio Rural, e é a este a quen lle corresponde a resolución das axudas.

2. As solicitudes de axuda de compensación complementarias por lucro cesante presentaranse nos modelos establecidos nos anexos III e IV, segundo corresponda á axuda polo tempo de baleiro da explotación, ou polos tres meses posteriores á data en que se autorice oficialmente a reintrodución de animais.

3. Presentaranse as solicitudes de axuda á reposición pola adquisición de novos animais, tras recibir a explotación autorización oficial para a reintrodución de gando, empregando o modelo establecido no anexo V. Utilizarase este mesmo modelo para solicitar conxuntamente as axudas á reposición para todas as compras realizadas no ano 2011 que están pendentes de pagamento.

4. A solicitude de axuda complementaria para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa para a reposición en casos de baleiro sanitario será única e presentarase no modelo establecido no anexo VI.

5. Por cada solicitude presentada, o conselleiro do Medio Rural emitirá unha resolución de aprobación ou denegación da axuda, na cal se especificarán os recursos que procedan.

6. Contra estas resolucións poderá interpoñerse:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo os artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se é expresa, e de acordo co previsto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

7. Poderán resolverse as solicitudes de axuda a medida que se vaian presentando, conforme o previsto no artigo 19.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, agás no caso das axudas complementarias para a reposición no caso de baleiro sanitario, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva.

8. As resolucións notificaranse na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. No suposto de que transcorridos seis meses desde o rexistro da solicitude da axuda non se ditase resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude da axuda. Ao finalizar o dito prazo, o interesado dispón de tres meses para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural.

5.3. Modificación das resolucións:

As resolucións de concesión da axuda ou da indemnización poderá ser modificada por:

a) Alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión.

b) Pola obtención concorrente da mesma axuda ou da mesma indemnización, outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

Artigo 6. Compatibilidade.

6.1. As indemnizacións reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra indemnización que poida obterse das distintas administracións para esta finalidade, sempre e cando non se supere o valor do animal sacrificado.

6.2. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra que poida obterse das distintas administracións para esta finalidade. No suposto de que se engadan varias axudas, o importe acumulado da axuda concedida non poderá exceder nunca o 100% dos custos reais soportados.

6.3. As axudas para a compra de animais de reposición reguladas por esta orde serán compatibles con calquera outra que se poida obter das distintas administracións para a mesma finalidade. Sen prexuízo do previsto no artigo 19 do Regulamento (CE) n.º 1857/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, o importe das axudas reguladas nesta orde en ningún caso poderá superar, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, destinadas para o mesmo fin, o custo da reposición.

Artigo 7. Reintegro.

7.1. O incumprimento polo beneficiario de calquera das condicións establecidas nesta orde dará lugar á perda do dereito á axuda ou indemnización, e á devolución, se é o caso, das cantidades indebidamente percibidas.

7.2. Igualmente procederá reintegro nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo doutras responsabilidades que procedesen (artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

Artigo 8. Xustificación e pagamento.

8.1. Axudas para a compra de animais de reposición:

1. Para as axudas para a compra de animais de reposición, os servizos provinciais de Gandaría realizarán controis na explotación, se fose necesario, e comprobacións da documentación presentada polos solicitantes para xustificar a compra das reses e a reposición efectiva.

2. O pagamento das axudas realizarase logo da comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos.

3. De acordo co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, agás para os beneficiarios das axudas que non superen un importe de 1.500 euros, que non o precisan.

8.2. O pagamento das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante e das axudas para a compra de animais destinados á reposición estará suxeito ás dispoñibilidades de crédito vixentes.

Artigo 9. Controis.

9.1. A Consellería do Medio Rural poderá realizar os controis administrativos e inspeccións que considere oportunos, co fin de comprobar a veracidade dos datos reflectidos na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda ou indemnización. O beneficiario estará obrigado a colaborar nos controis e nas inspeccións, proporcionando os datos requiridos e facilitando, se é o caso, o acceso á explotación.

9.2. Os beneficiarios terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo órgano xestor, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

CAPÍTULO II
Condicións específicas

Sección 1.ª Indemnizacións

Artigo 10. Contía das indemnizacións.

10.1. As contías das indemnizacións serán as que correspondan en cada momento segundo os baremos ou prezos oficiais aprobados polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.

10.2. No caso de indemnización por sacrificio e destrución decretado pola aparición dun foco de influenza aviaria ou de enfermidade de Newcastle, a contía da indemnización será a fixada nos baremos establecidos no Real decreto 823/2010, do 25 de xuño, polo que se establecen os baremos de indemnización polo sacrificio obrigatorio dos animais obxecto dos programas nacionais de control de salmonela en mandas de aves reprodutoras e poñedoras do xénero Gallus gallus, e de mandas de pavos reprodutores, e mais no anexo VII desta orde.

10.3. Para os casos en que, por cuestións sanitarias, a autoridade competente considere necesario decretar o sacrificio obrigatorio de animais das especies bovina, ovina e cabrúa, afectados por enfermidades distintas das sometidas a programas nacionais de erradicación, e para as que non haxa un baremo xa aprobado, a contía das indemnizacións será a sinalada no punto 10.1. En caso de que se decrete o sacrificio obrigatorio de animais de especies distintas do bovino, ovino e cabrún, afectados por enfermidades non sometidas a programas nacionais de erradicación, e para as que non haxa un baremo xa aprobado, a contía dos baremos de indemnización será a fixada no anexo VII.

10.4. No caso dos produtos destruídos por motivo das encefalopatías esponxiformes transmisibles, cando a aplicación dos prezos citados non acade o valor medio normal nos mercados de referencia, farase unha taxación a prezo de mercado.

Artigo 11. Tramitación das indemnizacións.

11.1. Nas indemnizacións o procedemento iniciarase de oficio nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia (sen solicitude).

Os beneficiarios das indemnizacións deberán presentar, segundo a enfermidade de que se trate e seguindo instrucións das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, a documentación seguinte:

a) Autorización para a consulta de datos de identidade (anexo II): no caso de que o beneficiario/a non prestase o consentimento para a comprobación dos seus datos, poderá exixírselle que entregue a fotocopia do documento de identidade correspondente.

b) Certificado da entidade bancaria acreditativo de que a conta achegada para a domiciliación dos pagamentos corresponde ao beneficiario.

c) Documentos oficiais de traslado ao matadoiro dos animais (conduces, guías sanitarias, etc).

d) Xustificantes do sacrificio/eutanasia dos animais conforme a normativa vixente.

e) Documentos comerciais de acompañamento de subprodutos animais.

f) Xustificantes de destrución de produtos.

11.2. O beneficiario que non achegue a documentación requirida ou non emende a errónea no prazo de dez días, desde o momento que llo notificase o servizo provincial de Gandaría, poderá ser declarado desistido da súa indemnización, segundo o artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11.3. De conformidade co establecido pola Consellería de Presidencia no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e coa Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, para a verificación dos datos de identidade, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente esta consulta, e o consentimento deberá aparecer na solicitude da axuda; no caso de que o interesado/a non prestase o consentimento para a comprobación dos seus datos, poderá exixírselle que entregue a fotocopia do documento de identidade correspondente; así mesmo, de haber discordancia entre os datos facilitados polo interesado/a e os que consten no acceso informático que se estableza, o órgano competente poderá realizar as actuacións necesarias para a súa aclaración.

Sección 2.ª Axudas de compensacións complementarias por lucro cesante

Artigo 12. Contía das compensacións complementarias.

12.1. O importe das compensacións complementarias por lucro cesante en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún será determinado con base nos cálculos aplicados ás marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións, que se xuntan como anexo I a esta orde, tendo en conta o período de inactividade a partir do día en que a autoridade competente sinale o baleiro sanitario da explotación. Os períodos indemnizables serán:

– O tempo de baleiro da explotación,

– Tres meses contados desde o mesmo día que se autorice oficialmente a reintrodución de animais,

sempre de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

12.2. Os cálculos para a determinación das compensacións faranse multiplicando o valor en euros da marxe bruta de cada unidade de produción polo número de unidades de produción que consten como datos oficiais referidos á explotación afectada na Consellería do Medio Rural. Resultará así un importe anual que, dividido entre 365 días, determinará o importe diario, que será multiplicado polo número de días de inactividade.

En caso de recuperación parcial da actividade serían descontados, para os días restantes, os importes das unidades de produción correspondentes.

12.3. Para os casos en que o período de inactividade supoña a perda de posibilidade de percepción do importe total da prima anual, aplicarase para o cálculo o valor da marxe bruta sen prima, e incrementarase o importe final co valor total anual da prima.

12.4. No cálculo das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, teranse en conta os seguintes aspectos:

a) Para causar dereito á axuda, as enfermidades deben figurar na lista de epizootias da Oficina Internacional de Epizootias ou no anexo da Decisión 90/424/CEE.

b) A axuda limitarase a perdas ocasionadas polas enfermidades cuxos brotes fosen oficialmente recoñecidos polas autoridades competentes dentro dun programa público de erradicación.

c) Restaranse do importe máximo da axuda os importes recibidos en virtude de réximes de seguros e os custos que non se efectuasen debido á enfermidade e que se terían efectuado en todo caso.

d) Non se poderán conceder axudas por enfermidades para as cales a normativa comunitaria impoña taxas específicas para medidas de loita contra elas.

e) Non se poderán conceder axudas por medidas cuxo custo, segundo o establecido pola normativa comunitaria, deba ser sufragado polos gandeiros, salvo que ese custo quede totalmente compensado por taxas obrigatorias pagadas polos produtores.

f) Non se poderán pagar axudas para compensar perdas ou gastos producidos nun momento anterior a un prazo de catro anos.

Artigo 13. Tramitación das compensacións complementarias.

13.1. Nas axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, o procedemento iniciarase nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia, despois de presentaren os titulares as correspondentes solicitudes de axuda.

13.2. Para os baleiros sanitarios do ano 2011 en que os titulares desas explotacións teñen pendentes de cobrar importes da axuda ao lucro cesante:

– Os beneficiarios que non cobraron o importe correspondente ao tempo de baleiro, deberán rexistrar a solicitude que figura como modelo no anexo III desta orde, especificando que corresponde a un baleiro de 2011.

– Os beneficiarios que non cobraron o importe correspondente aos tres meses posteriores á autorización de incorporación de gando deberán rexistrar, cando dispoñan da dita autorización, a solicitude que figura como anexo IV desta orde, especificando que corresponde a un baleiro de 2011.

Con estas solicitudes deberase presentar toda a documentación requirida (citada no punto 13.3.1) que non fose xa presentada xunto coa solicitude de 2011, ou que sufrise modificacións.

13.3. Para os baleiros sanitarios decretados no ano 2012, as solicitudes de axuda deberanse rexistrar en dous períodos de tempo diferentes:

1. A primeira solicitude, polo tempo de baleiro da explotación: o titular rexistrarao ao comezo deste período de baleiro, despois de ser efectivo o sacrificio do último animal da explotación, e empregará o modelo que figura como anexo III desta orde, especificando que corresponde a un baleiro de 2012.

Os solicitantes deberán presentar xunto con esta primeira solicitude os documentos seguintes:

a) Certificación da entidade bancaria, acreditativa de que a conta sinalada na solicitude para a domiciliación dos pagamentos corresponde ao solicitante.

b) Certificacións: do sacrificio/eutanasia dos animais, conforme a normativa vixente, e do baleiro sanitario da explotación.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

d) Declaración de titularidade de pólizas de seguros gandeiros, e documento xustificativo emitido pola aseguradora dos importes percibidos polo baleiro sanitario da explotación, de ser o caso.

e) No caso de persoas xurídicas, copia compulsada do documento de constitución da sociedade ou comunidade e dos seus estatutos, e certificado expedido polo órgano xestor da sociedade/comunidade en que conste o acordo de solicitar a axuda e a identidade da persoa autorizada para solicitala.

2. A segunda solicitude, polos tres meses posteriores á data en que se autorice oficialmente a reintrodución de animais: o titular rexistraraa despois de que lle sexa entregado o documento oficial que autoriza a incorporación de gando na explotación (finalizando neste momento o período de baleiro), e empregará o modelo que figura como anexo IV desta orde, especificando que corresponde a un baleiro de 2012. Para completar a axuda ao lucro cesante, co pagamento deste período de tempo, será necesario que o interesado presente esta segunda solicitude, vaia levar a cabo compras de animais nestes 3 meses ou non.

Ademais, se houbese algunha modificación nos documentos a), c) ou e) do punto 1 anterior, presentados coa primeira solicitude, deberá achegar os novos xunto coa segunda solicitude.

13.4. Se as solicitudes de axuda non reúnen os requisitos sinalados nos puntos 13.2 e 13.3, os servizos provinciais de Gandaría requirirán ao interesado na forma establecida no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa/s solicitude/s, despois de ditada/s resolución/s para o efecto.

13.5. As solicitudes das axudas de compensacións complementarias poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en Santiago de Compostela, así como nos demais lugares e formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte da data de publicación desta orde ata o 15 de decembro de 2012, incluíndo esta data no cómputo do prazo.

13.6. De conformidade co establecido pola Consellería de Presidencia no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e coa Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, para a verificación dos datos de identidade, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente esta consulta e o consentimento deberá aparecer na solicitude da axuda; no caso de que o/a interesado/a non prestase o consentimento para a comprobación dos seus datos, poderá exixírselle que entregue a fotocopia do documento de identidade correspondente; así mesmo, de haber discordancia entre os datos facilitados polo interesado/a e os que consten no acceso informático que se estableza, o órgano competente poderá realizar as actuacións necesarias para a súa aclaración.

13.7. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Sección 3.ª Axudas para a compra de gando bovino e ovino-cabrún
para a reposición

Artigo 14. Contía das axudas para a reposición.

14.1. As axudas para a compra de animais bovinos, ovinos ou cabrúns destinados á reposición poderán concederse nas contías e cos límites seguintes:

a) 400 euros por animal adquirido da especie bovina, e 40 euros para o ovino-cabrún, importe que será incrementado nun 10% se a explotación pertence a unha ADSG, ata un máximo de 20.000 euros por beneficiario nos casos de baleiro sanitario da explotación, ou ata un máximo de 12.000 euros por beneficiario nos casos en que non se realizase o baleiro sanitario da explotación. As axudas para a compra de animais destinados á reposición nos casos de baleiro sanitario nunha explotación serán compatibles coas axudas establecidas no Real decreto 864/2010, que figuran na sección 4.ª desta orde.

b) Ademais do establecido nos puntos anteriores, poderá concederse unha contía adicional para o gando bovino nos casos seguintes:

1. Se os animais bovinos sacrificados pertencen a explotacións incluídas en núcleos de control leiteiro, nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar:

– 0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio das lactacións finalizadas, de polo menos o 60% das femias da explotación con maior rendemento, e a cantidade de 6.700 quilos.

2. Se os animais bovinos sacrificados pertencen a unha raza cárnica e están inscritos no libro xenealóxico da citada raza poderase engadir unha contía adicional de:

– 150 euros en animais menores de 10 anos, cualificación morfolóxica de 75 a 79 puntos.

– 300 euros en animais menores de 10 anos, cualificación morfolóxica de 80 a 84 puntos.

– 450 euros en animais menores de 10 anos, cualificación morfolóxica de máis de 85 puntos.

Aplicarase a cualificación morfolóxica que figure na carta xenealóxica do animal.

O límite máximo por beneficiario desta contía adicional será de 36.000 euros.

c) En todo caso, a axuda concedida para compensar a diferenza entre o importe das indemnizacións xa concedidas polo animal sacrificado por motivos sanitarios e o prezo de adquisición dun animal de substitución non poderá exceder a axuda máxima á renda que se pode conceder en virtude do artigo 10 do Regulamento (CE) n.º 1857/2006.

14.2. O número de reses obxecto da axuda non poderá ser superior, en ningún caso, ao dos animais que figuren asignados a esa explotación na base de datos oficial da Consellería do Medio Rural e que fosen obxecto de sacrificio obrigatorio/eutanasia ou mortos por enfermidade sometida a un programa oficial de control ou erradicación.

14.3. No cálculo das axudas para a compra de animais destinados á reposición teranse en conta os seguintes aspectos:

a) Para causar dereito á axuda, as enfermidades deben figurar na lista de epizootias da Oficina Internacional de Epizootias ou no anexo da Decisión 90/424/CEE.

b) A axuda limitarase a perdas ocasionadas polas enfermidades cuxos brotes fosen oficialmente recoñecidos polas autoridades competentes dentro dun programa público de prevención, control ou erradicación.

c) Restaranse do importe máximo da axuda os importes recibidos en virtude de pólizas de seguros, e os gastos que non se efectuasen por causa da enfermidade e que se terían efectuado en todo caso.

d) Non se poderán conceder axudas por enfermidades para as cales a normativa comunitaria impoña taxas específicas para medidas de loita contra elas.

e) Non se poderán conceder axudas por medidas cuxo custo, segundo o establecido pola normativa comunitaria, deba ser sufragado polos gandeiros, salvo que ese custo quede totalmente compensado por taxas obrigatorias pagadas polos produtores.

f) Non se poderán pagar axudas para compensar perdas ou gastos producidos nun momento anterior a un prazo de catro anos.

Artigo 15. Tramitación das axudas para a reposición.

15.1. Nas axudas para a compra de animais destinados á reposición, o procedemento iniciarase nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia, despois de presentaren os titulares as correspondentes solicitudes de axuda.

15.2. Nas axudas para a compra de animais destinados á reposición, as solicitudes de axudas faranse empregando o modelo que figura como anexo V desta orde.

15.3. Para as axudas á reposición do ano 2011 que quedasen pendentes de tramitación e de pagamento (rexistrase ou non o titular a solicitude):

1. Os titulares deberán presentar unha única solicitude de axuda, para todas as compras de animais realizadas con anterioridade ao ano 2012 e que non foron tramitadas ou pagadas.

2. Con estas solicitudes deberase presentar toda a documentación requirida (que se cita no punto 15.4.1) que non fose xa presentada xunto coa solicitude de 2011, ou que sufrise modificacións.

15.4. Para as axudas á reposición do ano 2012 presentarase unha solicitude cada vez que se demande a axuda, tendo en conta que:

1. Xunto coa primeira solicitude, e despois de ter a explotación autorización para a reintrodución de animais, os demandantes destas axudas achegarán a seguinte documentación:

a) Certificado da entidade bancaria acreditativo de que a conta citada na solicitude para a domiciliación dos pagamentos corresponde ao solicitante.

b) Facturas ou documentos equivalentes que acrediten a compra das reses polas cales se solicita a axuda.

c) Xustificantes do valor económico obtido na comercialización dos animais.

d) Xustificantes do importe percibido polas canais no matadoiro.

e) Declaración de titularidade de pólizas de seguros gandeiros e documento xustificativo emitido pola empresa aseguradora dos importes percibidos polo seguro, de ser o caso.

f) Se os animais bovinos sacrificados fosen de raza cárnica e estivesen inscritos no libro xenealóxico da raza, copia cotexada da carta xenealóxica dos animais sacrificados en que figure a cualificación morfolóxica.

g) Declaración complementaria do conxunto das axudas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

h) No caso de persoas xurídicas, copia compulsada do documento de constitución da sociedade ou comunidade e os seus estatutos, e certificado expedido polo órgano xestor da sociedade/comunidade en que conste o acordo de solicitar a axuda e a identidade da persoa autorizada para solicitala.

i) Documento da entidade financeira (banco/caixa) que acredite o movemento bancario entre dúas contas bancarias distintas (a do comprador e a do vendedor), que será o xustificante dos pagamentos das facturas ou documentos de compra das reses de reposición.

2. No caso de presentar máis solicitudes, os solicitantes achegarán con cada unha delas as correspondentes facturas ou documentos equivalentes que acrediten a compra das reses polas cales se solicita a axuda, e ademais o/s documento/s da entidade financeira (banco/caixa) que acrediten o movemento bancario entre dúas contas bancarias distintas (a do comprador e a do vendedor), que será o xustificante dos pagamentos desas facturas ou documentos de compra das reses de reposición. Ademais, poderán presentar calquera outro documento dos sinalados no punto 1 anterior, se o considera oportuno.

15.5. Se as solicitudes destas axudas non reúnen os requisitos sinalados nos puntos 15.3 e 15.4, os servizos provinciais de Gandaría requirirán o interesado na forma establecida no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos coa indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa solicitude, despois de ditada resolución para o efecto.

15.6. As solicitudes das axudas de reposición poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, en Santiago de Compostela, así como nos demais lugares e formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 164/2005, do 16 de xuño, e tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte da data de publicación desta orde ata o 21 de novembro de 2012, incluíndo esta data no cómputo do prazo.

15.7. De conformidade co establecido pola Consellería de Presidencia no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e coa Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, para a verificación dos datos de identidade a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente esta consulta e o consentimento deberá aparecer na solicitude da axuda; no caso de que o interesado/a non prestase o consentimento para a comprobación dos seus datos, poderá exixírselle que entregue a fotocopia do documento de identidade correspondente; así mesmo, de haber discordancia entre os datos facilitados polo interesado/a e os que consten no acceso informático que se estableza, o órgano competente poderá realizar as actuacións necesarias para a súa aclaración.

15.8. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Sección 4.ª Axudas complementarias para a compra de gando bovino
e ovino-cabrún para a reposición nos casos de baleiro sanitario nunha explotación
durante os anos 2010 e 2011

Artigo 16. Obxecto e contía das axudas complementarias para a reposición.

16.1. As axudas complementarias para a reposición, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do establecido no Real decreto 864/2010, do 2 de xullo, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para a repoboación da explotación en caso de baleiro sanitario no marco dos programas nacionais de loita, control ou erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina, brucelose ovina e cabrúa, lingua azul e encefalopatías esponxiformes transmisibles, para os casos de baleiro sanitario producidos durante os anos 2010 e 2011.

16.2. A contía da axuda calcularase restando ao custo total de adquisición dos animais:

a) As cantidades percibidas en concepto de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio dos animais,

b) O importe percibido polas canais no matadoiro ou na comercialización dos animais,

c) As cantidades percibidas do correspondente seguro en caso de cubrir a póliza o risco de saneamento gandeiro ou EET ou a enfermidade da lingua azul,

d) E as axudas percibidas para reposición conforme a Orde do 9 de decembro de 2009, a Orde do 29 de decembro de 2010 e/ou conforme a sección 3.ª desta orde, de ser o caso,

limitándose a contía máxima da axuda ao 75 por cento da suma dos importes percibidos polo gandeiro como consecuencia do sacrificio dos animais e das axudas á súa reposición e, en calquera caso, a 50.000 euros por explotación.

16.3. En relación co cálculo do custo total de adquisición dos animais:

a) Para os animais maiores de 96 meses de idade en gando bovino de aptitude cárnica, os maiores de 72 meses de idade en gando bovino de aptitude leiteira, e os maiores de 5 anos en gando ovino e cabrún, e

b) Para os animais menores de 12 meses de idade en gando bovino e menores de 6 meses de idade en gando ovino e cabrún,

só se terá en conta o 5 por cento do seu custo de compra.

Artigo 17. Tramitación das axudas complementarias para a reposición.

17.1. Unicamente se poderán acoller ás axudas previstas na presente sección 4.ª desta orde os titulares das explotacións gandeiras en que se procedese ao baleiro sanitario durante os anos 2010 ou 2011, que non recibisen estas axudas con anterioridade, que alcanzasen a totalidade da reposición a que tiñan dereito (compras finalizadas), e que cumpran, polo menos, os seguintes requisitos:

a) Realizar a reposición tras un período mínimo de corentena de 3 meses, procedendo os animais incorporados de explotacións cualificadas sanitariamente.

b) Iniciar a reposición no prazo de 12 meses desde a autorización á incorporación de gando.

c) Comprometerse a manter tanto a explotación como os animais obxecto da axuda durante un período mínimo de tempo de 2 anos, salvo causas de forza maior.

d) Non ter a explotación gandeira a consideración de empresa en crise.

e) Estar ao día das obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

f) Estaren as explotacións gandeiras inscritas en estado de alta no rexistro de explotacións gandeiras previsto no artigo 3.3 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, así como dispoñer do correspondente libro de rexistro debidamente actualizado.

g) Cumprir a normativa sectorial mínima correspondente en materia de ordenación, benestar, identificación, sanidade animal, ambiente e hixiene.

h) Cumprir os requisitos para a consideración de peme de acordo co anexo I do Regulamento (CE) n.º 800/2008 de la Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

17.2. As solicitudes de axudas complementarias para a compra de animais destinados á reposición presentaranse segundo o previsto no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, preferentemente nas oficinas veterinarias comarcais ou nos servizos provinciais de Gandaría, a mais tardar o 15 de abril de 2012, empregando o modelo que figura como anexo VI desta orde, e tamén poderán ser presentadas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es. O procedemento iniciarase nas delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

17.3. Xunto coa solicitude (unha soa solicitude por NIF e por ano), os solicitantes destas axudas achegarán a seguinte documentación:

a) Declaración responsable de manter tanto a explotación como os animais obxecto da axuda durante un período mínimo de tempo de 2 anos.

b) Declaración responsable de non ter procedido á reposición ata transcorrido un período mínimo de corentena de 3 meses e de que os animais de reposición procederon de explotacións cualificadas sanitariamente.

c) Declaración responsable expresa de que a explotación gandeira non ten a consideración de empresa en crise.

d) Declaración responsable do cumprimento da normativa sectorial mínima correspondente en materia de ordenación, benestar, identificación, sanidade animal, ambiente e hixiene.

e) Documentación xustificativa da condición de peme da explotación, consistente nunha declaración responsable do órgano de dirección da entidade solicitante.

f) Orixinal ou copia cotexada, compulsada ou autenticada, de factura de compra dos animais, ou copia cotexada do contrato de compravenda destes.

g) Documento da entidade financeira (banco/caixa) que acredite o movemento bancario entre dúas contas bancarias distintas (a do comprador e a do vendedor), que será o xustificante dos pagamentos das facturas ou contratos de compra das reses de reposición.

h) De ser o caso, xustificantes de que os animais comprados de razas puras están inscritos no libro xenealóxico da raza.

i) De ser o caso, factura do matadoiro ou industria cárnica da venda dos animais sacrificados, ou factura do operador comercial da venda dos animais que se vaian sacrificar.

j) De ser o caso, copia da póliza do seguro agrario que cubra a garantía de saneamento gandeiro ou as EET ou a enfermidade da lingua azul das reses sacrificadas, e xustificante da entidade aseguradora das cantidades percibidas ou solicitadas por tal concepto.

k) De ser o caso, documento acreditativo da pertenza da explotación a algunha forma asociativa do ámbito agrario (ADSG, cooperativa ...).

De acordo co artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión de axuda polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, agás para os beneficiarios das axudas que non superen un importe de 1.500 euros, que non o precisan.

Artigo 18. Procedemento e criterios obxectivos de concesión das axudas.

18.1. O procedemento de concesión das axudas previstas na presente sección 4.ª desta orde é o de concorrencia competitiva, e financiaranse conforme ao establecido no punto 4.4. Por esa causa, ordenaranse as solicitudes en función da súa puntuación, de acordo cos seguintes criterios obxectivos:

a) Ter contratada a garantía de saneamento gandeiro ou de encefalopatías esponxiformes transmisibles ou, de ser o caso, de lingua azul, das liñas de seguros previstas para o gando vacún, ovino ou cabrún no Plan de Seguros Agrarios Combinados do exercicio de que se trate: 10 puntos.

b) Explotacións gandeiras integradas en agrupacións de defensa sanitaria, cooperativas ou outra forma asociativa do ámbito agrario: 5 puntos para as integradas en ADSG, e 3 puntos para as integradas noutras formas asociativas do ámbito agrario.

c) Reposición unicamente con animais de razas puras inscritos nos libros xenealóxicos: 5 puntos. Para as razas puras de aptitude cárnica, concederanse os 5 puntos se a metade dos animais repostos son de razas puras inscritos nos libros xenealóxicos.

18.2. No caso de que máis dunha solicitude obtivese a mesma puntuación, romperase o empate a favor do solicitante que obtivese maior puntuación na letra a) do punto 18.1, e en caso de persistir o empate actuarase de igual xeito coas letras b) e c).

18.3. En todos os casos, na concesión de axudas atenderase ao establecido na Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, de modo que se prestará unha atención preferente aos profesionais da agricultura, e deles prioritariamente aos que sexan titulares dunha explotación territorial, conforme o establecido na citada lei.

18.4. No caso de que algún dos beneficiarios renunciase á axuda, o órgano que concede a axuda acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da axuda ao solicitante ou solicitantes seguintes a aquel en puntuación, sempre e cando coa renuncia se teña liberado crédito suficiente para atender polo menos unha das solicitudes denegadas.

Disposición adicional primeira.

Nos aspectos non contados nesta orde, terá que aterse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, e na Lei 38/2003, xeral de subvencións.

Disposición adicional segunda.

Esta orde está suxeita á comunicación á Unión Europea e o pagamento das axudas quedará, en todo caso, condicionado a que os órganos competentes da Unión Europea adopten unha decisión de non formular obxeccións a elas, ou declarasen a axuda compatible co Mercado Común, e as posibles observacións e modificacións derivadas de tal pronunciamento.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o director xeral de Produción Agropecuaria para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Disposición derradeira segunda.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I
Axudas de compensacións complementarias

Marxes brutas das principais actividades produtivas gandeiras das explotacións (valor en euros/unidade).

Actividade

Unidades

Características

Pdto. bruto

G. variable

Marxe bruta

Cabrún

Nai

Sen primas

102,17

9,62

92,56

Ovino

Nai

Con primas

90,15

9,62

80,54

Ovino

Nai

Sen primas

60,10

9,62

50,49

Vacún carne

Femia

Dereitos + prima exten.

1.144,72

358,73

785,99

Vacún carne

Femia

Con dereitos

1.044,72

358,73

685,99

Vacún carne

Femia

Sen dereitos

857,04

358,20

498,84

Vacún leiteiro

Litros/cota/ano

< 50.000 l. explotación

0,32

0,15

0,17

Vacún leiteiro

Litros/cota/ano

De 50.001 a 100.000

0,32

0,14

0,18

Vacún leiteiro

Litros/cota/ano

> 100.000

0,34

0,15

0,19

Xatos ceba

Praza (1,25 xato)

0-9 meses

854,19

628,81

225,38

Xatos ceba

Praza (1,25 xato)

Con prima

1.054,19

628,81

425,38

Xatos ceba

Praza (1,25 xato)

Prima + prima extensi.

1.179,19

628,81

550,38

ANEXO II
Indemnizacións (código de procedemento 554A)
Autorización para a consulta de datos de identidade

Apelidos e nome ...............……………………………………..............………………………con NIF ………………......……....… Teléfono………....……………………………………. e enderezo………………………......................……………………….……………………………

□ Si

     Autorizo

□ Non

a Consellería do Medio Rural, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coa Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o Decreto 255/2008, para levar a cabo a consulta dos meus datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Presidencia, co fin de tramitar as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais.

……………………………..…………., ………de………………………..…de 2012.

Asdo.: ……………………………………

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII
Baremos de indemnización por sacrificio obrigatorio de animais de especies distintas do bovino, ovino e cabrún, afectados por enfermidades non sometidas a programas nacionais de erradicación

1. Especie porcina:

Sementais e reprodutoras: 240,00 euros/unidade.

2. Avicultura:

Polos de engorde (da especie Gallus gallus)

Semanas de vida

Euros/ave

1

0,14

2

0,32

3

0,54

4

0,84

5

1,16

6

1,49

7 e máis

1,80

Pavos de engorde (da especie Meleagridis gallopavo)

Semanas de vida

Euros/ave

Machos

Femias

2

0,28

4

1,12

6

2,18

1,88

8

3,25

2,64

10

5,12

3,91

12

6,98

5,17

14

8,94

6,58

16

10,90

7,99

18 e máis

12,34

8,76