Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 230/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. alimentación ao aeroporto da Lavacolla (nova terminal de Aena).

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, alimentación principal a 20 kV, cunha lonxitude de 13,181 km, coa orixe na subestación de San Caetano, condutor tipo R.H.Z.1 e final en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento n.º 1 da Lavacolla.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, enlace a L.M.T.A. Lavacolla-Aeroclub da SCY-832, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,645 km, coa orixe en cela de liña que se instalará no centro de seccionamento n.º 2 da Lavacolla, condutor tipo R.H.Z.1 e final en paso aereosubterráneo en apoio que se intercalará na liña enlace Lavacolla-Aeroclub.

Liña eléctrica de media tensión aérea, enlace L.M.T.A. Lavacolla-Aeroclub da SCY-832, a 20 kV, cunha lonxitude 0,158 km, coa orixe en apoio metálico que se intercalará na L.M.T.A. Lavacolla-Aeroclub, condutor LA-56/54,6 mm² e final en apoio metálico existente na mesma liña, actual derivación ao C.T. Aeroclub (expediente 27954).

Centro de seccionamento e transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

P.D. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas