Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 123/2010).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación 1 ao proxecto L.M.T.S., C.T. r/ Ancares.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,33 km, coa orixe na L.M.T.S. GRN-707 entre os C.T. Mesoiro, n.º 8 e Mesoiro, n.º 11, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final no C.T. r/ Ancares proxectado.

Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 630 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas rede de baixa tensión subterráneas do C.T. r/ Ancares, cunha lonxitude de 0,240 km, coa orixe no C.T. proxectado, condutor tipo XZ10,6/1 kV 3(1×240) Al. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas