Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2011/97-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 velle.

Denominación: L.M.T., C.T. Montealegre.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 155 m, condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. exitente ao C.T. rampla Antolín e remate no C.T. proxectado prefabricado fin de liña rural Montealegre de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 21.284,37 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 24 de novembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense