Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 627

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 21 de decembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 21 de outubro de 2011.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 21 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 14 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo esta consellería

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 21 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 217, do 14 de novembro).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica:

Denominación do posto de traballo: Xefatura do Servizo de Urbanismo.

Código do posto de traballo: MA.C99.10.004.36001.001.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fín a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas