Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 473

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de decembro do 2011, polo que se aproba unha corrección de erros da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, agás o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e o Consello Galego de Relacións Laborais.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase pola necesidade de emendar os erros materiais producidos na tramitación do expediente do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2011 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, agás o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e o Consello Galego de Relacións Laborais (DOG núm. 187, do 29 de setembro).

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 23 de decembro do 2011, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a corrección de erros da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, agás o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e o Consello Galego de Relacións Laborais, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Os efectos da súa entrada en vigor serán os mesmos que os da relación de postos de traballo obxecto de emenda.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 23 de decembro do 2011, relativo á aprobación da corrección de erros da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, agás o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e o Consello Galego de Relacións Laborais, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de decembro do 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file