Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 463

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de decembro de 2011 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o ben remanente da herdanza intestada de María Berta Fernández Nájera.

Antecedentes.

Por comunicación do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, iniciouse o procedemento para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de M.ª Berta Fernández Nájera, con DNI 34589442, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, norma de aplicación neste caso dada a data de finamento da causante, 4 de novembro de 1999, na cidade de Ourense.

Por auto do 1 de setembro de 2006 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, declarouse á Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato da causante.

O 10 de novembro de 2006 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se lle daba publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente de sucesión intestada, presentando a Consellería de Cultura e Deporte, hoxe Consellería de Cultura e Turismo, solicitude de adxudicación da herdanza.

Fundamentos xurídicos.

Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que executa a Lei 3/1985.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feita a correspondente proposta de distribución do ben hereditario,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de María Berta Fernández Nájera:

a) Bens e dereitos:

–Tesouraría:

Cartos en efectivo: 1.682,83 euros.

BBVA número c/c: 01826853920200063829: 697,67 euros.

Caixanova número c/c: 20800251550000788054: 5.272,68 euros.

Total de bens e dereitos: 7.653,18 euros.

b) Obrigas e débedas:

–Servizos de profesionais independentes:

Pericial caligráfica: Nadia Peláez Rodelgo: 580,00 euros.

Pericial caligráfica: Luís Ángel Santa Cruz Simón: 1.856,00 euros.

Total obrigas e débedas: 2.436,00 euros.

Total líquido (bens e dereitos-obrigas e débedas): 5.217,18 euros.

Segundo. Acordar a adxudicación do ben líquido remanente, 5.217,18 euros, á Consellería de Cultura e Turismo, para a súa aplicación a actividades culturais, preferentemente a desenvolver na derradeira residencia da causante, cidade de Ourense e, en todo caso, en territorio galego.

Así mesmo, ordenar o destino de 2.436,00 euros á Consellería de Facenda, en compensación polos pagamentos realizados por este departamento a conta do citado ben hereditario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercitar calquera outro recurso que estime oportuno.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda