Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de novembro de 2011, da Zona Centro de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a regularización mediante concesión administrativa pola ocupación de terreos de dominio público portuario, pola nave de Ferroatlántica, S.L. no porto de Brens-Cee (expediente 12-34-11-C-1).

Estase a tramitar unha regularización, mediante concesión administrativa pola ocupación de terreos de dominio público portuario pola nave de Ferroatlántica, S.L. no porto de Brens-Cee, segundo o proxecto básico de nave de almacenaxe de produto terminado, no porto de Cee-A Coruña, redactado polo enxeñeiro industrial José Manuel Villar Esmorís.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral (BOE núm. 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na rúa Alférez Provisional, 5-1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de novembro de 2011.

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefe da Zona Centro de Portos de Galicia