Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de solicitude de licenza de instalación de actividade de fabricación de caixas de madeira e almacenamento.

J. J. Chicolino, S.L. solicita a licenza de instalación da actividade de fabricación de caixas de madeira e almacenamento, sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, en dúas naves acaroadas sitas nas parcelas 34-b e 34-c do da primeira fase do parque empresarial de Espiñeira. Neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir o período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Boiro, 5 de decembro de 2011.

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde