Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (715/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio autoridade laboral 715/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Consellería de Traballo e Benestar contra a empresa Pesqueras Sotavento, S.L. sobre procedemento de oficio, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda que de oficio foi interposta pola Consellería deTraballo e Benestar-Xunta de Galicia e, en consecuencia, debo declarar e declaro a falta de acreditación da existencia de fraude de lei nos contratos fixos descontinuos que unen a Pesqueras Sotavento, S.L. con Abbdelkarim Arifi, Antonio Fernández Lamelas, Máximo G. Loayza Palomino, Juan José Martínez Chedas, Jesús Vaela Villar, Moisés Silva Muñiz, Roberto Bermúdez Cacheiro e Segundo Castrelo Ferreira.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial