Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 347

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (614/11).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña.

Fago saber que no proceso seguido a instancia de Héctor Mallón Suárez contra Tabellarios, S.L.U., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de autos 960/2009, foi ditada a seguinte sentenza:

«Sentenza 614/2011.

Na cidade da Coruña, 5 de decembro de 2011.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia A Coruña despois de ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Héctor Mallón Suárez, que comparece asistido polo seu letrado José Páramo Sureda, e doutra, como demandado, a empresa Tabellarius, S.L.U., que non comparece.

Que, estimando a demanda formulada por Héctor Mallón Suárez contra a empresa Productos de Energías Naturales, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 5.994,00 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do Réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 150 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.65.0960.09, demostrándoo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0960.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificación a Tabellarius, S.L.U., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de decembro de 2011.

O secretario xudicial