Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Friol (expediente IN407A 2011/76-2, 7915 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: modificado n.º 1 a proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Anxeriz, Sisto, O Coto e Cuíña.

Situación: concello de Friol.

Características técnicas:

• L.M.T.A. a 20 kV, con orixe no apoio de existente 1802197-68-A27 correspondente á L.M.T. FRO805 (Friol-Parga 5) e final no C.T. intemperie proxectado Anxeriz, cunha lonxitude de 259 metros, en condutor LA-56.

• C.T.I. de Anxeriz, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

• Transformador elevador no lugar de Fontelo, cunha potencia de 25 kVA e unha relación de transformación de 400/230V-960V.

• Transformador redutor no lugar do Ribeiro, cunha potencia de 25 kVA e unha relación de transformación de 960V-400/230V.

• R.B.T.A. proxectada con orixe no C.T.I. proxectado de Anxeriz en condutores tipo R.Z. tensados sobre apoios de formigón e de madeira, cunha lonxitude de 3.203 metros.

• R.B.T.A. proxectada con orixe no C.T.I. existente de Vilaldar en condutores tipo R.Z. tensados sobre apoios de formigón e de madeira cunha lonxitude de 385 metros.

• R.B.T.S. do C.T. proxectado Anxeriz, con orixe nun paso aéreo a soterrado proxectado no apoio n.º 3, cunha lonxitude de 208 metros en condutor tipo X.Z.1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 13 de decembro de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo