Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:
Solicitante: Concello da Cañiza.
Domicilio social: rúa Oriente 11-A, 36880 A Cañiza.
Denominación: L.M.T.A.-L.M.T.S. ao C.T. da EDAR da Cañiza.
Situación: A Cañiza.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, con orixe na L.M.T. de Unión Fenosa Distribución, S.A. existente na zona, de 102 metros de lonxitude con condutor LA-56, continuando despois subterránea 136 metros con condutor R.H.Z. ata o centro de transformación da EDAR situada no Freixo, A Cañiza.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 28 de novembro de 2011.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra