Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación dunha subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C, a centros dependentes desta consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2012.1.CTB.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou no web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C, a centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

3. Execución do contrato: dous anos.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do PCAP.

6. Orzamento base de licitación: 2.280.360,60 euros, máis 410.464,91 euros (IVE). Total: 2.690.825,51 euros.

7. Valor estimado do contrato: 4.560.721,20 euros.

8. Garantías exixidas: definitiva, 5% do importe de licitación, incluído o IVE, de cada lote do que resulte adxudicatario en calquera modalidade do artigo 96.1 do TRLCSP.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3.1.f), g) e h) do PCAP.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o día 6.2.2012, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, en Santiago de Compostela (15781). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que deben presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no edifico administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, o día 15.2.2012, ás 10.00 horas.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade: custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 euros. Taxa/liña de texto: 15,35 euros. Custo do DOG: 5,42 euros por liña publicada no DOG.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 26 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2011.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar