Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 36/25/11-ST, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de outubro de 2011, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 36/25/11-ST incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Castro Guerra Hostelería, S.L., propietaria do establecemento Pub Casting.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Castro Guerra Hostelería, S.L., propietaria do establecemento Pub Casting, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

N.º de expediente: 36/25/11-ST.

Denunciado: Castro Guerra Hostelería, S.L., propietaria do establecemento Pub Casting.

DNI/CIF: B-36529915.

Último enderezo coñecido: rúa B n.º 40, Lalín.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 42.a) da Lei 8/2008; artigo 7.u), 19.3.b) da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.